19/07/14

Obradoiros de verán 

xoves, 24 de xullo ás 12.00 h.
EX-LIBRIS
Logo de coñecer os exemplos de ex-libris da biblioteca Massó e a función que tivo esta marca personal, os participantes aprenderán de forma sinxela a técnica de estampación de selos e a personalizar os libros da súa biblioteca.
O obradoiro consiste na realización de pequenos ex-libris (matrices para imprimir selos ou estampas) para personalizar os libros d@s participantes. Aprenderán a técnica do gravado sobre goma e a fabricación de tampóns.

Dirixido a persoas maiores de 12 anos e menores aconpañados
Duración: 1 hora aprox.

Inscrición gratuíta e información
Telf: 986 321 838
museomasso@xunta.es
            Rúa Montero Ríos s/n
            36930 BUEU (Pontevedra)

18/07/14

O mércores, 23 de xullo ás 21:00 h
A librería Miranda de Bueu e Edicións Xerais
en colaboración co Museo Massó

Presentan o libro

 Contos do mar de Irlanda
de Xurxo Souto
O acto, que contará coa participación de Manuel Bragado
e Xurxo Souto


O libro desvela as pegadas deixadas polos pescadores galegos
 no Gran Sol.
Caladoiros tan humanizados polos nosos avós que dende hai moitas décadas teñen nome en galego. Embárcate nestas palabras. Alén do paralelo 48º N, o Mar das Galiñas, a Cona da Vella, a Ferradura agardan.
A obra inclúe unha extensa referencia ás botas de goma BUEU para a pesca de altura. 
Con tal motivo na sala do Museo Massó mostraranse algúns exemplares,
 dende as primeiras botas ata as mais modernas inventadas e confeccionadas no taller Calzados Riobó (Bueu).

04/07/14

SINGRADURAS DIDÁCTICAS
POLA RÍA NO GALEÓN
AVE DE PASO
A  LISTA DE INSCRICIÓN ESTÁ COMPLETA. 
PODERÁ INSCRIBIRSE NA LISTA DE RESERVA

 
  As singraduras  terán un carácter didáctico co obxecto de ofrecer ao visitante a experiencia de navegar nunha embarcación propulsada a vela .
Esta iniciativa enmárcase dentro do movemento que impulsa a protección das embarcacións tradicionais e os coñecementos e técnicas a elas asociados, co obxecto de conservar a cultura mariñeira e convertela nun factor de desenvolvemento do turismo local.

Saída dende o Museo Massó

Horarios
Sábado 12 de xullo as 17:00 h

Condicións
Cada menor ten que ir acompañado dun adulto
Aconséllase levar calzado apropiado
As saídas poden ser modificadas dependendo da meteoroloxía
Máximo de 10 pasaxeiros por viaxe

Inscrición e información
A inscrición é gratuíta e deberá realizarse chamando ao teléfono: 986 321 838, onde serán atendidos entre as 10.00 e as e 20.00  h.
Importante
24 h antes da saída deberán confirmar a súa asistencia
para que  a inscrición se faga efectiva. No caso de non confirmar a asistencia a praza quedará dispoñible para as persoas inscritas na lista de espera.

03/07/14

Obradoiros de verán 

Xoves 10 de xullo  ás 12.00 h.


Mensaxe nunha botella
Neste obradoiro as mensaxes dentro das botellas agochadas polas salas
do Museo  revelaranvos a importancia que teñen os océanos
para o noso planeta
Dirixido  a nen@s de 6 a 10 anos
1 hora de duración aprox.
Previa inscrición
Telf: 986 321 838
http://www.museomasso.blogspot.com.es/

02/07/14

Curso
Iniciación á navegación tradicional
Sábado 12 e domingo 13 de xullo de 2014



O aprendizaxe realizarase nas seguintes embarcacións tradicionais:
bote xeiteiro, traiñeira e dorna
Dirixido a persoas maiores de 14 anos

Organizado pola
Asociación de amigos das Embarcacións Tradicionais
“Os Galos” de Bueu
en colaboración  có Museo Massó

Inscrición:
Custe da matricula: 10 €
Nº de conta para facer o ingreso: Novagalicia Banco: ES89 2080 5412 7430 40106599
A inscrición farase efectiva coa entrega do comprobante do ingreso bancario
Para informarse sobre as condicións e para realizar a inscrición deben dirixirse ao Museo Massó, tel. 986 321 838, museo.masso@xunta.es
Rúa Montero Ríos s/n. 36930 Bueu (Pontevedra)
O número de prazas é limitado a 15  persoas
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición

Pregámosche que, de non poder asistir, nolo comuniques para poder dispoñer da túa praza