18/07/17

Singraduras didácticas pola ría no pesqueiro Chasula

As rutas realízanse no barco pesqueiro de madeira denominado Chasula e terán un carácter didáctico co obxecto de ofrecer ao visitante do museo unha experiencia real que lle permita tomar contacto directo co medio no que se desenvolve a actividade pesqueira, coñecer de preto o sistema de explotación das bateas, a pesca do polbo, o recoñecemento das sinalizacións marítimas e do ámbito costeiro, e moi especialmente navegar nunha embarcación que é un expoñente da carpintaría de ribeira tradicional.

O Chasula é un barco pesqueiro de 14 metros construído no estaleiro do Freixo en 1958 que pescaba coa arte do cerco, e navegou durante varias tempadas polas costas do Cantábrico en busca do atún e bonito do norte. O seu actual dono e patrón, Isidro Mariño Cadarso, primeiro director da Escola-Taller de carpintaría de ribeira de Marín, adquiriuno en 2003 e o restaurou coas súas propias mans para convertelo nun expoñente do patrimonio marítimo galego. Dende 2005 realiza rutas marítimas didácticas. 

Para máis información sobre a súa actividade ver http://chasulapesca.blogspot.com.

Singraduras didácticas no galeón Ave de Paso

Sábado 22 de xullo ás 17.00 h

As singraduras terán un carácter didáctico co obxecto de ofrecer
ao visitante a experiencia de navegar nunha embarcación propulsada a vela.
Esta iniciativa enmárcase dentro do movemento que impulsa a protección das embarcacións tradicionais e os coñecementos e técnicas a elas asociados,
co obxecto de conservar a cultura mariñeira e convertela nun factor
de desenvolvemento do turismo local.

Saída dende o Museo Massó

Condicións
Cada menor ten que ir acompañado dun adulto
Aconséllase levar calzado apropiado
As saídas poden ser modificadas dependendo da meteoroloxía
Máximo de 10 pasaxeiros por viaxe
Duración 2 horas aprox.

Inscrición e información
A inscrición é gratuíta por estrita orde de reserva 
e deberá realizarse chamando ao teléfono: 886 151 101

Importante
24 h antes da saída deberán confirmar a súa asistencia
para que a inscrición se faga efectiva. No caso de non confirmar a asistencia a praza quedará dispoñible para as persoas inscritas na lista de espera.

12/07/17

SINGRADURAS DIDÁCTICAS POLA RÍA NO GALEÓN AVE DE PASO

Sábado 15 de xullo ás 17.00 h