10/08/15


SINGRADURAS DIDÁCTICAS
POLA RÍA NO GALEÓN
AVE DE PASO

 sábado 15 de agosto ás 17:00 h


As singraduras  terán un carácter didáctico co obxecto de ofrecer ao visitante a experiencia de navegar nunha embarcación propulsada a vela .
Esta iniciativa enmárcase dentro do movemento que impulsa a protección das embarcacións tradicionais e os coñecementos e técnicas a elas asociados, co obxecto de conservar a cultura mariñeira e convertela nun factor de desenvolvemento do turismo local.
Saída dende o Museo Massó

Condicións
Cada menor ten que ir acompañado dun adulto
Aconséllase levar calzado apropiado
As saídas poden ser modificadas dependendo da meteoroloxía
Máximo de 10 pasaxeiros por viaxe

Inscrición e información
A inscrición é gratuíta por estricto orden de reserva 
e deberá realizarse chamando ao teléfono: 986 321 838

Importante
24 h antes da saída deberán confirmar a súa asistencia
para que a inscrición se faga efectiva. No caso de non confirmar a asistencia a praza quedará dispoñible para as persoas inscritas na lista de espera.

06/08/15


SESIÓN LITERARIO-MUSICAL

NO MUSEO MASSÓ

Mércores 12 de agosto 
ás 20,00 h.
   

Un mar máis alto có ceo

Concerto de oboe
Alberto Rodríguez Herreros

Recital de poesía
Lucía Novas. Poeta
Miriam Ferradáns. Poeta
Asun Estévez. Poeta
Antón Sobral. Artista plástico
Xaime Toxo. Escritor



O tesouro de Benito Soto


05/08/15

Atrapadas na rede


Obradoiros de verán no Museo

 Sábado, 8 de agosto ás 12.00 h.


Atrapad@s na rede

Dirixido a persoas maiores de 8 anos
 e menores acompañados

Obradoiro práctico para coñecer 
as técnicas de confección
das redes de pesca e os distintos tipos de artes.
Será impartido pola redeira en activo 
Consuelo Martínez
Inscrición gratuíta
Telf: 986 321838
museo.masso@xunta.es

04/08/15

Singraduras didácticas pola ría 
no pesqueiro Chasula


As rutas realízanse no barco pesqueiro de madeira denominado Chasula e terán un carácter didáctico co obxecto de ofrecer ao visitante do museo unha experiencia real que lle permita tomar contacto directo co medio no que se desenvolve a actividade pesqueira, coñecer de preto o sistema de explotación das bateas, a pesca do polbo, o recoñecemento das sinalizacións marítimas e do ámbito costeiro, e moi especialmente navegar nunha embarcación que é un expoñente da carpintaría de ribeira tradicional.

O Chasula é un barco pesqueiro de 14 metros construído no estaleiro do Freixo en 1958 que pescaba coa arte do cerco, e navegou durante varias tempadas polas costas do Cantábrico en busca do atún e bonito do norte. O seu actual dono e patrón, Isidro Mariño Cadarso, primeiro director da Escola-Taller de carpintaría de ribeira de Marín, adquiriuno en 2003 e o restaurou coas súas propias mans para convertelo nun expoñente do patrimonio marítimo galego. Dende 2005 realiza rutas marítimas didácticas. Para máis información sobre a súa actividade ver http://chasulapesca.blogspot.com.

Saída dende o Museo Massó

Horarios
Martes 11 de agosto
Pola mañá ás  10.00 e ás 12.00 h 
Pola tarde ás 16.00 h.


Condicións
Cada menor ten que ir acompañado dun adulto
Aconséllase levar calzado apropiado
As saídas poden ser modificadas dependendo da metereoloxía
Máximo de 12 pasaxeiros por viaxe

Inscrición
A inscrición é gratuíta e deberá realizarse chamando ao teléfono: 986 321 838
Importante
Para que a inscrición se faga efectiva,
 24 h antes da saída deberán confirmar a súa asistencia
No caso de non confirmar a asistencia a praza quedará dispoñible 
para as persoas inscritas na lista de espera.