23/07/09

ATANDO REDES


Os sábados 1, 8 y 15 de agosto, entre as 11,30 e as 13,30, no museo Massó desenvolverase unha mostra práctica de elaboración de redes na que Chelo Martínez Bernárdez, redeira profesional de Bueu (con case trinta anos de traballo) se dedicará a atar e rematar o pano dunha rede de cerco (a escala) con todos os elementos característicos: calzas, cortizas, calóns, etc. Ademais de poder ver todos os obxectos que compoñen este aparello e observar como se cose e elabora unha rede, os visitantes do museo poderán coñecer as interioridades dun oficio tradicional de grande importancia, aínda que un tanto descoñecido e non suficientemente valorado, pero que pervive nos nosos días. As redeiras, tamén chamadas atadoras, dedícanse a un oficio estreitamente ligado ao xénero feminino. Na actualidade hai en Galicia ao redor de setecentas mulleres que se dedican a el e contan con doce asociacións que as agrupan.

.....................................................................


Los sábados 1, 8 y 15 de agosto, entre las 11,30 y las 13,30, en el museo Massó se desarrollará una muestra práctica de elaboración de redes en la que Chelo Martínez Bernárdez, redera profesional de Bueu (con casi treinta años de trabajo) se dedicará a atar y rematar el paño de una red de cerco (a escala) con todos los elementos característicos: calzas, corchos, calóns, etc.
Además de poder ver todos los objetos que componen este aparejo y observar como se cose y elabora una red, los visitantes del museo podrán conocer los entresijos de un oficio tradicional de gran importancia, aunque un tanto desconocido y no suficientemente valorado, pero que pervive en nuestros días.
Las redeiras, también llamadas atadoras, se dedican a un oficio estrechamente ligado al género femenino. En la actualidad hay en Galicia alrededor de setecientas mujeres que se dedican a él y cuentan con doce asociaciones que las agrupan.

13/07/09

UN RELEVO DE XOAN PIÑEIRO NO MUSEO MASSÓ



Relevo en granito. Sen título. Xoán Piñeiro. ca . 1950-1964. 56 x 68 x 14 cm.


Xoán Pieiro foi un dos artistas  que recibiu nos seus inicios un impulso importante por parte da familia Massó, para os que realizou numerosos encargos, entre os que se atopan os retratos dos irmans Massó que se expoñen no museo. Este relevo  é case con seguridade anterior a 1964, data na que o seu quefacer cambia definitivamente derivando cara a un estilo no que a valoración do oco, a rotundidade de volumes e as formas elementais se converterán nos seus sinais de identidade.
A escena móstranos a dous mariñeiros que cargan  o caixón para trasnportar o peixe dende o barco a factoría, inspirado nunha composición que o artista gráfico Federico Ribas realizara  para a portada da revista Industria Conservera .
Xoán Piñeiro (Nerga/Hío Pontevedra 1920 - Vigo 1980) é sen dúbida un dos grandes escultores galegos da metade do século XX. A súa obra está repartida por diferentes museos e institucións, contando tamén con numerosos monumentos públicos en cidades como Vigo.
Dende as súas primeiras obras como escultor demostra un gran virtuosismo no traballo do granito e do mármore, materiais cos que traballou durante toda a súa vida. A partir dos anos cincuenta e ata mediados da década dos sesenta do século pasado -durante a súa estanza en Madrid- a súa temática centrouse no mundo do mar e así o recordo do Atlántico, dos mariñeiros, da península do Morrazo, latexa nas súas obras dese período, sen esquecer tampouco que el traballara como mariñeiro no seu anos de xuventude.