13/11/14

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA SUBVENCIONA
 A  RESTAURACIÓN DA EMBARCACIÓN  CANELIÑA


O O racú Caneliña e unha embarcación emblemática para a comunidade da Illa de Ons  xa que esta tipoloxía foi a primeira embarcación de motor  adoptada polos veciños da illa nos anos 60 para substituír as pequenas dornas e a que lles permitiu saír do illamento.


O Museo Massó iniciou no mes de setembro a restauración do pesqueiro Caneliña que fora doado polo seu anterior propietario en 2011 á Xunta de Galicia para formar parte da colección do Museo Massó.



 

Esta restauración foi posible grazas a unha subvención da Deputación de Pontevedra, a cal foi concedida ao abeiro dás Bases de apoio a embarcacións tradicionais dá provincia de Pontevedrapara a súa rehabilitación e mellora cara a fins de carácter turístico-culturais ou DE musealización .

A Asociación de Amigos dás Embarcacións Tradicionais Os Galos  de Bueu e a restauradora Fátima Sánchez Varela foron os encargados de levar a cabo este proxecto de restauración.