21/06/17

ALFOMBRA FLORAL

 
O Museo Massó  
participou na tradicional
festividade das alfombras florais de Bueu

O pasado domingo 18 de xuño o Museo Massó participou, 
 
como ven sendo habitual,  

na xornada das alfombras florais do Corpus de Bueu 
 
que conta cunha tradición de máis de 300 anos 
 
e que foi declarada recentemente Festa de Interese Turístico.

No tapiz floral do Museo Massó,

realizado na rúa diante da fachada do Museo,

representouse unha obra da pintora galega Maruja Mallo.

A artista foi homenaxeada este ano na festa do Corpus de Bueu.