15/12/14

Presentación do Libro A Huella de Pedro Madruga


O venres 19 de decembro
ás 20:30 h

PRESENTACIÓN DO LIBRO


La huella de Pedro Madruga en Cristóbal Colón

Contarase coa presenza do seu autor Ángel Carracelas Requejo
que estará acompañado polo artista e deseñador da portada Camilo Caamaño Xestido 
e polo escritor Rodrigo Cota González

O libro defende a dualidade entre Pedro Álvarez de Sotomayor (Pedro Madruga) e Cristóbal Colón. A obra supón unha importante achega na defensa da tese da orixe galega do mariño.

03/12/14

Obradoiros de Nadal


OBRADOIROS DE NADAL



Sábado 27 de decembro ás 12:00 h
Seguir o rumbo. A agulla de marear
Para nen@s a partir de 9 anos
Este obradoiro ten como obxectivo facer comprender 
as propiedades magnéticas da Terra 
e familiarizar aos participantes co manexo
da agulla de marear e a súa utilidade na navegación.

Sábado 3 de xaneiro ás 12:00 h
Ex- Libris
Para persoas a partir de 12 anos e menores acompañados
Este obradoiro consiste na realización de pequenos ex libris 
(selos ou estampas) para personalizar 
os libros d@s participantes. Aprenderase a técnica do gravado 
sobre goma e a fabricación de tampóns.

Inscrición gratuíta:
teléfono 986321838