07/03/11

Obradoiros literarios

Con motivo da celebración o 2 de abril do Día Internacional do libro infantil e xuvenil o Museo Massó de Bueu, en colaboración coa Editorial Nívola, ten previsto levar a cabo dúas sesións de obradoiros literarios dirixidos a alumnos do Ensino primario.


Venres 8 de abril as 10. 00 h. Obradoiro para nenos e nenas de 1º e 2º curso

Logo dunha visita á sala dedicada a navegación, Josefa Martinez, mais coñecida como a mariscadora de contos contaralle aos nenos o conto de La vuelta al mundo de gota de agua de Rafael Ortega de la Cruz.

Ensinaremos aos nenos o ciclo da auga, cantando e adiviñando navegaremos ate chagar a porto. Logo farán un barco de papel e darán color a Gota de Auga.


Venres 8 de abril as 11.30 h.Obradoiro para nenos e nenas de 5º e 6º de primaria

A actividade iniciase cunha visita á sala onde se expón a maqueta da Nao Victoria coa que Magallanes e Elcano deron por primeira vez a volta ao Mundo. A continuación, a mariscadora de contos desenvolverá o obradoiro literario en torno ao libro de Gorka Calzada, Magallanes y Elcano. La primera vuelta al mundo.

Volveremos percorrer a ruta dos exploradores e mariñeiros famosos. O noso barco e “O Libro” e noso mar “O Museo Massó”. A Estrela dos Catro Ventos guiaranos a través das palabras e atoparemos o oeste que Magallanes buscaba para chegar á Terra das Especias. Poderán coñecer algunhas das especias que Magallanes e Elcano trouxeron a España e levaran un sobre cunha mostra das mesmas.

Cada obradoiro terá unha duración de 1 hora e 15 minutos aproximadamente, e o límite máximo de afluencia en cada sesión será de 50 alumnos.

A editorial enviará ao centro de ensino exemplares dos libros para que poidan dispoñer deles antes da celebración do obradoiro.

A inscrición deberá realizarse polo menos con 10 días de antelación chamando ao teléfono: 986 321 838, onde serán atendidos entre as 10.00 e as 14.30 h. e entre as 16.00 e 20.00 h. de luns a venres, ou ben a través do correo electrónico museo.masso@xunta.es, enviando un nome e telefono de contacto.