10/05/11

Planetario

Con motivo da celebración o día 18 de maio do Día Internacional dos Museos, no Museo Massó instalarase un planetario

Os asistentes poderán presenciar unha proxección envolvente na que apreciaran diversos fenómenos astronómicos tal e como se verían na realidade desde diferentes lugares, datas e horas.

Realizaranse catro sesións diarias, as tres sesións da mañá irán dirixidas a alumnos de infantil, primaria, secundaria e bacharelato, e a sesión da tarde estará aberta a todo tipo de publico previa inscrición.

Mércores 18 de maio

Sesións dirixidas a escolares

Primeira sesión as 10.00 h.

Segunda sesión ás 11.00h.

Terceira sesión ás 12.00 h.

Sesión aberta ao público previa inscrición

Cuarta sesión ás 19.00 h

Xoves 19 de maio ás 11,30 h.

Sesión dirixidas a escolares

Primeira sesión as 10.00 h.

Segunda sesión ás 11.00h.

Terceira sesión ás 12.00 h.

Sesión aberta ao público previa inscrición

Cuarta sesión ás 19.h

Cada sesión terá unha duración de 60 minutos e o límite máximo de afluencia e de 35 persoas.

A inscrición deberá realizarse polo menos con 10 días de antelación chamando ao teléfono: 986 321 838, onde serán atendidos entre as 10.00 e as 14.30 h. e entre as 16.00 e 20.00 h. de luns a venres, ou ben a través do correo electrónico museo.masso@xunta.es, enviando un nome e telefono de contacto.