14/10/13

Presentación do libro Ala no medio do mar


PRESENTACIÓN DO LIBRO


O Venres, 18 de outubro ás 20:30 h

Contarase coa presencia dos autores:
 Staffan Mörling e Josefa Otero

O libro é un estudo antropolóxico cultural da xente da Illa de Ons nos anos 60.
O antropólogo Staffan Mörling destaca pola súa importante contribución 
ao estudo das embarcacións tradicionais galegas e das costumes da xente
 da Illa de Ons, para o cal contou sempre coa colaboración 
da súa esposa Josefa Otero, orixinaria da illa.

Acto organizado en colaboración coa Librería Abrente de Bueu.

08/10/13

19 de outubro Espazos Sonoros


FESTIVAL ESPAZOS SONOROS
Sábado 19 de outubro


Concerto e Obradoiro de Música

OBRADOIRO  
Aberto, pechado, libre ou atado
ás 18:30 horas
Obradoiro arredor da improvisación musical. Da man dos compoñentes do proxecto The Delightful Companion, daremos os nosos primeiros pasos para entrarmos no apaixonante mundo da improvisación.

Inscrición:  
 - do 5 ao 16 de outubro en actividades@espazossonoros.org
- Actividade para todos os públicos e nenos maiores de 8 anos.
 Para persoas con e sen coñecementos de música.
- Recoméndase que os participantes leven un instrumento musical, 
incluída a voz ou o propio corpo ou todo tipo de artefactos sonoros 
(reclamo, asubío, carraca, botella para soprar, etc...)
 
CONCERTO 
The Delightful Companion
ás 20:00 horas
 Javier María López Rodríguez: frauta, frauta contralto en sol
Vadim Yukhnevich: acordeón
Pablo Pérez: contrabaixo

Entrada libre
Capacidade máxima: 50 persoas