12/12/13

Obradoiros de nadal




Obradoiros de Nadal
Para toda a familia



Sábado 28 de decembro ás 12.30 h.

Ex-libris
Deseña un selo persoal para os teus libros
O obradoiro consiste na realización de pequenos ex-libris (selos ou estampas) para personalizar os libros. Aprenderán a técnica do gravado sobre goma e a fabricación de tampóns. 


Sábado 4 de xaneiro ás 12.30 h

Atando Cabos. Nós mariñeiros
Fai unha pulseira cos nós mariñeiros
Obradoiro práctico de aprendizaxe de 5 nós mariñeiros básicos: Cote, As de Guía, Chan, Oito e Ballestrinque. Explicarase a súa orixe e aplicación e montarase un pequeno cadro de nós.

Os obradoiros durarán entre unha hora e hora e media.
A inscrición deberá realizarse chamando ao teléfono 986 321 838 onde serán atendidos entre as 10:00 e as 20:00 h. de luns a venres, ou a través do correo electrónico museo.masso@xunta.es, enviando un nome e un teléfono de contacto.

03/12/13

EXPOSICIÓN TEMPORAL
organizada polo Concello de Bueu 
en colaboración co 
Museo Massó
Inauguración o  4 de decembro ás 12.30 h.


Proxectos presentados no
CONCURSO DE IDEAS PARA A 
CONSERVACIÓN E UTILIZACIÓN DO 
ESTALEIRO DE BANDA DO RÍO

Os proxecto gañador e os outros 7 proxectos poderán concusltarse íntegraménte na sala.
Dende o 4 decembro ao 31 de xaneiro

De martes a sábado de 10:00 a 20:00 h
Domingos e festivos de 10:00 a 14:00 h
Pechado o 24, 25 e  31 de decembro e 1 de xaneiro
ENTRADA GRATUÍTA