12/12/13

Obradoiros de nadal




Obradoiros de Nadal
Para toda a familia



Sábado 28 de decembro ás 12.30 h.

Ex-libris
Deseña un selo persoal para os teus libros
O obradoiro consiste na realización de pequenos ex-libris (selos ou estampas) para personalizar os libros. Aprenderán a técnica do gravado sobre goma e a fabricación de tampóns. 


Sábado 4 de xaneiro ás 12.30 h

Atando Cabos. Nós mariñeiros
Fai unha pulseira cos nós mariñeiros
Obradoiro práctico de aprendizaxe de 5 nós mariñeiros básicos: Cote, As de Guía, Chan, Oito e Ballestrinque. Explicarase a súa orixe e aplicación e montarase un pequeno cadro de nós.

Os obradoiros durarán entre unha hora e hora e media.
A inscrición deberá realizarse chamando ao teléfono 986 321 838 onde serán atendidos entre as 10:00 e as 20:00 h. de luns a venres, ou a través do correo electrónico museo.masso@xunta.es, enviando un nome e un teléfono de contacto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario