31/07/13

Exposición temporal




            Antonio Massó García ((Vigo, 1906-1988) formou parte da terceira xeración da saga catalá dos Massó que se establece en Bueu (Pontevedra) a principios do século XIX para dedicarse á salgadura e conserva de peixe. Foi o cuarto e o menor dos fillos de Gaspar Massó Ferrer, fundador, xunto co seu pai e o seu irmán Salvador, da fábrica de conservas herméticas en 1883.

            Nesta exposición queremos destacar a faceta creativa do empresario Antonio Massó. A súa inclinación artística levouno a facerse cargo da imaxe e a publicidade da fábrica de conservas Massó Hermanos e a desenvolver unha gran destreza na arte do scimshaw. Para iso valíase dos cairos de cachalote procedentes da factoría baleeira que tiñan en Cangas e os pirogravaba reproducindo escenas navais e de caza de balea.
            Sen dúbida Gaspar Massó García (1892- 1991) soubo trasladar ao seu irmán menor o interese pola valiosa colección bibliográfica que a familia atesouraba no Museo Massó. Antonio implicouse de forma moi activa no seu acrecentamento e difusión, chegando mesmo a deseñar o ex - libris da biblioteca familiar.
            A mostra intégrase dentro do percorrido da exposición permanente. Deste xeito a figura de Antonio cobra toda a súa relevancia en cada unha das seccións do discurso expositivo: a sala do antigo Museo e as salas dedicadas ás factorías conserveira e baleeira, que foron propiedade da familia e nas que desempeñou a súa actividade profesional e envorcou a súa inquietude artística.

30/07/13

OBRADOIRO NO MUSEO MASSÓ

Xoves 1 de agosto ás 12:00 h

 


OBRADOIRO DE EX LIBRIS


¿Sabes que é un ex libris?,
Aquí aprenderás a facelo para que poidas marcar na casa os teus propios libros.

 Dirixido a nen@s a partir de 12 anos
Previa inscrición:
No teléfono 986321838 (luns a venres de 10- 20 h)

museo.masso@xunta.es

18/07/13

Este verán vémonos no Museo





No Museo Massó presentamos unha nova programación de  obradoiros para o verán.

Os obradoiros terán unha duración de  unha hora.
A inscrición deberá realizarse chamando ao teléfono 986 321 838 onde serán atendidos entre as 10.00 y las 20.00 h. de luns a venres.

26 de xullo ás 12.00 h.
Balea
Logo de visitar a sala dedicada á caza da balea, coñecer como se cazaba no século XVIII e no século XX, e ver os obxectos empregados na factoría baleeira, os participantes realizarán dous murais sobre esta temática coa técnica da colaxe. Un deles dedicado a caza da balea e outro as razóns da súa  prohibición.
Para nen@s de 6 a 12 anos


1 de agosto ás 12.00 h.
Ex-libris mariñeiros
Os participantes realizaran cos monitores unha visita á exposición temporal dedicada a Antonio Massó para coñecer o ex-libris que deseñou para a biblioteca do Museo, logo elixirán entre os obxectos da exposición un motivo para realizar o seu  propio ex-libris sobre unha goma de borrar e o estamparán sobre unha figura feita con papel .
Para maiores de 12 años


8 de agosto ás 12.00 h.
O que o mar non quere
Os participantes traerán obxectos abandonados o levados polo mar  á  praia e intentaremos coñecer canto tempo tardan en desaparecer cada un dos materiais dos obxectos, onde deberíamos depositalos, como podemos reutilizalos e reciclalos de forma creativa.
Finalmente con todos os obxectos construiremos un mostro mariño que se exporá no Museo
Dirixido  a nen@s de 5 a 14 anos

15 de agosto
Sentir o Museo
Este obradoiro pretende ser unha viaxe sensorial para experimentar o museo a través do oído, do tacto, do olfacto, do gusto e da vista. @s nen@s descubriran os obxectos do museo e a súa historia para logo escoitar, tocar, cheirar e saborear cos ollos pechados e identificar o que viron ao longo da visita.
Dirixido  a nen@s de 3 a 6 anos

16 de agosto ás 12.00 h.
Balea
Logo de visitar a sala dedicada á caza da balea, coñecer como se cazaba no século XVIII e no século XX, e ver os obxectos empregados na factoría baleeira, os participantes realizarán dous murais sobre esta temática coa técnica da colaxe. Un deles dedicado a caza da balea e outro as razóns da súa  prohibición.
Para nen@s de 6 a 12 anos

22 de agosto ás 12.00h.
O que o mar non quere

 Os participantes traerán obxectos abandonados o levados polo mar  á  praia e intentaremos coñecer canto tempo tardan en desaparecer cada un dos materiais dos obxectos, onde deberíamos depositalos, como podemos reutilizalos e reciclalos de forma creativa.
Finalmente con todos os obxectos construiremos un mostro mariño que se exporá no Museo
Dirixido  a nen@s de 5 a 14 anos



11/07/13

Obradoiros no  Museo Massó


mércores 17  de xullo ás 12.00 h.


 Sentir o Museos
Este obradoiro pretende ser unha viaxe sensorial para experimentar o museo a través do oido, do tacto, do olfacto, do gusto e da vista. Os nen@s descubriran os obxectos do museo e a súa historia para logo escoitar, tocar, cheirar e saborear cos ollos pechados e identificar o que viron ao longo da visita.

Previa inscrición
Telf: 986 321 838
Dirixidos  a nen@s de 3 a 6 anos

1 hora e media de duración aprox.

10/07/13


Singraduras didácticas pola Ría no galeón Ave de Paso

As rutas realizásense no galeón Ave de Paso construído no ano 1959.  Inicialmente dedicábase á pesca e nos últimos anos de actividade actuou como embarcación auxiliar nas bateas. Na actualidade é propiedade de Fidel Simes, quen o transformou en veleiro dotándoo de aparello tipo galeón: foque, trinqueta e vela cangreja.
            O galeón era a embarcación que durante o século XIX e parte do XX realizaba o transporte de mercadorías e pasaxeiros na zona das Rías Baixas.

As singraduras  terán un carácter didáctico co obxecto de ofrecer ao visitante a experiencia de navegar nunha embarcación propulsada a vela .
       Esta iniciativa enmárcase dentro do movemento que impulsa a protección das embarcacións tradicionais e os coñecementos e técnicas a elas asociados, co obxecto de conservar a cultura mariñeira e convertela nun factor de desenvolvemento do turismo local.

Saída dende o Museo Massó


Horarios

Sábado 20 de xullo as  17.000 h.

Domingo 21 de  xullo as 17.00 h.

Condicións
Cada menor ten que ir acompañado dun adulto
Aconséllase levar calzado apropiado
As saídas poden ser modificadas dependendo da metereoloxía
Máximo de 10 pasaxeiros por viaxe

Peinscrición
IMPORTANTE: A reserva deberá realizarse directamente no Museo Massó o chamando ao telefono: 986 321 838, onde serán atendidos entre as 10.00 e as e 20.00 h..

24 h antes da saída deberán confirmar a súa asistencia para que  a inscrición se faga efectiva. No caso de non confirmar a asistencia a praza quedará dispoñible para as persoas inscritas na lista de espera.