28/05/13

Obradoiros  no Museo


No Museo Massó continuamos co programa de obradoiros paragrupos de nen@s. As datas adaptaranse a dispoñibilidade dos solicitantes.

Para nen@s de 5 a 9 anos

En busca do tesouro
A partir dun mapa e algunhas pistas orientativas, os participantes terán que encontrar as diferentes partes dun crebacabezas, coma si dun tesouro se tratara. A ruta do mapa centrarase  na primeira volta ao mundo e os motivos comerciais que a impulsaron.

Mar á vista “
Xogo de recoñecemento de obxectos representados nunha das pinturas de Urbano Lugrís. Os nenos deberán ir descubrindo cal é o obxecto presentado e cal é a súa representación na pintura.

Para nen@s de mais de 9 anos

Seguir o rumbo. A agulla de marear
Este obradoiro ten como obxectivo facer comprender  as propiedades magnéticas da Terra e familiarizar aos escolares co manexo do instrumento e a súa utilidade na navegación.

O mapa do mariñeiro. A carta náutica
Os alumnos poderán familiarizarse coa interpretación e manexo das cartas náuticas, aprender a utilizar as unidades de medidas náuticas e as escalas e situar os puntos de referencia da costa e os faros de Bueu no mapa.

Para toda a familia
Atando Cabos. Nós mariñeiros
Obradoiro práctico de aprendizaxe de 5 nós mariñeiros básicos: Cote, As de Guía, Chan, Oito  e Ballestrinque. Explicarase a súa orixe e aplicación. Montarase un pequeno cadro de nós.

Os obradoiros terán entre unha hora e hora e media de duración.
A inscrición deberá realizarse chamando ao teléfono 986 321 838 onde serán atendidos entre as 10.00 y las 20.00 h. de luns a venres, ou a través do correo electrónico museo.masso@xunta.es, enviando un nome e un teléfono de contacto.


20/05/13


O sábado 25 e o domingo 26  de maio


Luciano Pérez  impartirá o curso

A Zanfona e os trovadores na tradición musical galega

O curso desenvolverase en dúas fases, unha teórica na que  se dan aos participantes unhas nocións básicas sobre os instrumentos musicais e as distintas  formas nas que se produce o son, e sobre a zanfona en particular.
A fase práctica consistirá na construcción por parte de cada participante da súa pequena caixa de música-zanfona coa melodía dunha das cantigas a Santa María de Alfonso X “O Sabio”.

Sábado 25 de maio de 12 a 14h. e de 17 a 20 h.
Domingo 26 de maio de 11 a 14h.

Idade: de 12 en adiante.
Inscrición previa: Telf. 986 321 838   // museo.masso@xunta.es

O sábado, ao finalizar a xornada do curso,  Carlos do Viso interpretará á zanfona unhas  cantigas de cego percorrendo as salas de exposición.

16/05/13


Unha Peza Singular 
A  ZANFONA
do  14 ao 26 de maio

Durante dúas semanas mostrarase nunha das salas do museo a zanfona que pertenceu á familia Massó  e que chamou a atención a Guillermo Marconi durante a súa visita no ano 1928
Xunto a ela amosaranse outras zanfonas e unha zanfona despezada cedidas para a ocasión por diversos particulares gracias a colaboración da
Banda de Gaitas Manxadoira

O domingo 19 as 13.00 h
Cristóbal Pascual e Marcos Campos
darán un pequeno concerto de zanfona

 O sábado 25 as  20.00 h.
Carlos do Viso
interpretará á zanfona cantigas de cego percorrendo as salas de exposición.



03/05/13




O día 18 de maio e o Día Internacional dos Museos, con tal motivo o Museo Massó  levará a cabo unha serie de actividades ao longo deste mes.

O domingo 19 as 13.00 h Cristóbal Pascual e Marcos Campos darán un pequeno concerto ao organistrum.

 Sábado 25 de maio de 12 a 14h. e de 17 a 20 h. e Domingo 26 de maio de 11 a 14h.
Curso A Zanfona e os trovadores na tradición musical galega  que se desenvolverá en dúas fases, unha teórica na que  se dan aos participantes unhas nocións básicas sobre os instrumentos musicais e as distintas  formas nas que se produce o son, así como sobre a zanfona. A fase práctica consistirá na construcción por parte de cada participante da súa pequena caixa de música-zanfona coa melodía dunha das cantigas a Santa María de Alfonso X O Sabio.

Idade: de 12 en adiante. Inscrición previa: Telf. 986 321 838   // museo.masso@xunta.es


O sábado día 25 as 20.00 h. Carlos do Viso interpretará á zanfona cantigas de cego percorrendo as salas de exposición.

OBRADOIROS
Sábado 4 de maio ás 12.00 -13.00 h.
Obradoiro Atando Cabos. Nós mariñeiros
Para toda a familia

Sábado 11 de maio ás 12.00 -13.00 h.
Obradoiro O mapa do mariñeiro. A carta náutica
Para nen@s de entre 5 e 13 anos

Sábado 18 de maio ás 12.00 -13.00 h.
  Obradoiro En busca do tesouro
Para nen@s entre 5 e 9 anos

Inscrición previa: Telf. 986 321 838   // museo.masso@xunta.es