Obradoiros  no Museo


No Museo Massó continuamos co programa de obradoiros paragrupos de nen@s. As datas adaptaranse a dispoñibilidade dos solicitantes.

Para nen@s de 5 a 9 anos

En busca do tesouro
A partir dun mapa e algunhas pistas orientativas, os participantes terán que encontrar as diferentes partes dun crebacabezas, coma si dun tesouro se tratara. A ruta do mapa centrarase  na primeira volta ao mundo e os motivos comerciais que a impulsaron.

Mar á vista “
Xogo de recoñecemento de obxectos representados nunha das pinturas de Urbano Lugrís. Os nenos deberán ir descubrindo cal é o obxecto presentado e cal é a súa representación na pintura.

Para nen@s de mais de 9 anos

Seguir o rumbo. A agulla de marear
Este obradoiro ten como obxectivo facer comprender  as propiedades magnéticas da Terra e familiarizar aos escolares co manexo do instrumento e a súa utilidade na navegación.

O mapa do mariñeiro. A carta náutica
Os alumnos poderán familiarizarse coa interpretación e manexo das cartas náuticas, aprender a utilizar as unidades de medidas náuticas e as escalas e situar os puntos de referencia da costa e os faros de Bueu no mapa.

Para toda a familia
Atando Cabos. Nós mariñeiros
Obradoiro práctico de aprendizaxe de 5 nós mariñeiros básicos: Cote, As de Guía, Chan, Oito  e Ballestrinque. Explicarase a súa orixe e aplicación. Montarase un pequeno cadro de nós.

Os obradoiros terán entre unha hora e hora e media de duración.
A inscrición deberá realizarse chamando ao teléfono 986 321 838 onde serán atendidos entre as 10.00 y las 20.00 h. de luns a venres, ou a través do correo electrónico museo.masso@xunta.es, enviando un nome e un teléfono de contacto.


Comentarios