27/07/12

XA NON QUEDAN PRAZAS

Novas singladuras didácticas  pola Ría no Chasula

As rutas realizásense no barco pesqueiro de madeira denominado Chasula e terán un carácter didáctico co obxecto de ofrecer ao visitante do museo unha experiencia real que lle permita tomar contacto directo co medio no que se desenvolve a actividade pesqueira, coñecer de preto o sistema de explotación das bateas, a pesca do polbo, o recoñecemento das sinalizacións marítimas e do ámbito costeiro, e moi especialmente navegar nunha embarcación que é un expoñente da carpintaría de ribeira tradicional.

O Chasula é un barco pesqueiro de 14 metros construído no estaleiro do Freixo en 1958 que pescaba coa arte do cerco, e navegou durante varias tempadas polas costas do Cantábrico en busca do atún e bonito do norte. O seu actual dono e patrón, Isidro Mariño Cadarso, primeiro director da Escola-Taller  de carpintaría de Ribeira de Marín, adquiriuno en 2003 e o restaurou coas súas propias mans para convertelo nun expoñente do patrimonio marítimo galego. Dende 2005 realiza rutas marítimas didácticas. Para máis información sobre a súa actividade ver http://chasulapesca.blogspot.com.

Saída dende o Museo Massó

Horarios

Venres 3 de agosto:

Pola mañá de 10.00-12.30 h e de 12.00-14.30 h.
Pola tarde de 15.30.00 h. -17.30 h. e de 17.00-19.30 h.

Condicións
Cada menor ten que ir acompañado dun adulto
Aconséllase levar calzado apropiado
As saídas poden ser modificadas dependendo da metereoloxía
Máximo de 12 pasaxeiros por viaxe

Inscrición
A inscrición é gratuíta e deberá realizarse chamando ao teléfono: 986 321 838, onde serán atendidos entre as 10.00 e as e 20.00 h. de luns a venres, ou ben a través do correo electrónico museo.masso@xunta.es, enviando un nome e teléfono de contacto.
Prégase a aqueles que xa participaron noutras singladuras do Chasula organizadas polo Museo Massó que  permitan disfrutar da actividade a aquelas persoas que  aínda non tiveron a oportunidade.

19/07/12

Obradoiros de verán  no Museo

Xoves, 26 de xullo  e xóves 9 de gosto ás 12.00  h. 
O tesouro de Cabo Udra  

Dirixido a todos os públicos
1 hora e media de duración aprox.
Prazas limitadas
 O grupo Polo Correo do Vento presentará unha historia infantil de piratas e corsarios, amores imposibles, tesouros agochados e longas viaxes oceánicas.
 Enrique Mauricio e Carlos Taboada relatarán e ilustrarán con debuxos a un  mesmo tempo este periplo cheo de personaxes do mundo do mar e da nosa cultura. A continuación, participan todos xuntos nun obradoiro de debuxo relacionado coa historia

Martes 7 e sábado 11  de agosto as 12.00 h.
A oca do mar

Dirixido a todos os públicos, preferiblemente a partir de 6 anos
1 hora e media de duración aprox.
Prazas limitadas
O grupo En Volandas xogará connosco ao xogo da oca, e nos levará por un fascinante viaxe a través dos contos e as adiviñanzas e xogos tradicionais relacionados co mar. O dado enviaranos a diferentes océanos de todo o mundo onde nos encontraremos cos divertidos personaxes que sucan os mares. Caer no pozo espertará a nosa imaxinación, e no cárcere deberemos afrontar con valentía e humor as diferentes probas a que nos someterán coa finalidade, ao igual que os bos mariñeiros, de levarnos a bo porto.

A inscripción deberá realizarse chamando ao teléfono 986 321 838 donde serán atendidos entre as 10.00 y las 20.00 h. de lunes a sábado,  o a través do correo electrónico museo.masso@xunta.es, enviando un nombre e un teléfono de contacto.

13/07/12

Rutas en barco pola Ría de Pontevedra

As rutas realizásense no barco pesqueiro de madeira denominado Chasula e terán un carácter didáctico co obxecto de ofrecer ao visitante do museo unha experiencia real que lle permita tomar contacto directo co medio no que se desenvolve a actividade pesqueira, coñecer de preto o sistema de explotación das bateas, a pesca do polbo, o recoñecemento das sinalizacións marítimas e do ámbito costeiro, e moi especialmente navegar nunha embarcación que é un expoñente da carpintaría de ribeira tradicional.

O Chasula é un barco pesqueiro de 14 metros construído no estaleiro do Freixo en 1958 que pescaba coa arte do cerco, e navegou durante varias tempadas polas costas do Cantábrico en busca do atún e bonito do norte. O seu actual dono e patrón, Isidro Mariño Cadarso, primeiro director daEscola-Taller  de carpintaría de Ribeira de Marín, adquiriuno en 2003 e o restaurou coas súas propias mans para convertelo nun expoñente do patrimonio marítimo galego. Dende 2005 realiza rutas marítimas didácticas. Para máis información sobre a súa actividade ver http://chasulapesca.blogspot.com.

Saída dende o Museo Massó (Bueu-Pontevedra)

Horarios

Venres 20 de xullo:

Pola mañá de 10.00-12.30 h e de 12.00-14.30 h.
Pola tarde de 16.00 h. -18.30 h. e de 18.00 a 20.30 h.