19/07/12


Obradoiros de verán  no Museo

             
Xoves, 26 de xullo  e xóves 9 de gosto ás 12.00  h. 
O tesouro de Cabo Udra  

Dirixido a todos os públicos
1 hora e media de duración aprox.
Prazas limitadas
 O grupo Polo Correo do Vento presentará unha historia infantil de piratas e corsarios, amores imposibles, tesouros agochados e longas viaxes oceánicas.
 Enrique Mauricio e Carlos Taboada relatarán e ilustrarán con debuxos a un  mesmo tempo este periplo cheo de personaxes do mundo do mar e da nosa cultura. A continuación, participan todos xuntos nun obradoiro de debuxo relacionado coa historia



Martes 7 e sábado 11  de agosto as 12.00 h.
A oca do mar

Dirixido a todos os públicos, preferiblemente a partir de 6 anos
1 hora e media de duración aprox.
Prazas limitadas
O grupo En Volandas xogará connosco ao xogo da oca, e nos levará por un fascinante viaxe a través dos contos e as adiviñanzas e xogos tradicionais relacionados co mar. O dado enviaranos a diferentes océanos de todo o mundo onde nos encontraremos cos divertidos personaxes que sucan os mares. Caer no pozo espertará a nosa imaxinación, e no cárcere deberemos afrontar con valentía e humor as diferentes probas a que nos someterán coa finalidade, ao igual que os bos mariñeiros, de levarnos a bo porto.

A inscripción deberá realizarse chamando ao teléfono 986 321 838 donde serán atendidos entre as 10.00 y las 20.00 h. de lunes a sábado,  o a través do correo electrónico museo.masso@xunta.es, enviando un nombre e un teléfono de contacto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario