20/02/15

PRESENTACIÓN DO LIBRO TRANSFUSIÓN OCEÁNICA


O sábado 28 de febreiro
ás 20:30 h
Presentación do Libro


Transfusión Oceánica
do poeta Xosé Iglesias
O autor, patrón de pesca de altura, participou en diversas
 publicacións colectivas.
Transfusión Oceánica é a súa primeira obra en solitario
 e esgotouse na primeira tirada.
O acto contará coa presenza do autor
que estará acompañado polo alcalde de Bueu, Félix Juncal,
 pola europarlamentaria Ana Miranda e
polo editor da obra Paco Souto da editorial Caldeirón.

Organizado en colaboración coa
Librería Miranda (Bueu)

19/02/15

PRESENTACIÓN DO LIBRO ATRAVESAR O FANTASMA



O venres 27 de febreiro ás 20:30 h

O Clube Golfiños
Presenta no Museo Massó
 O LIBRO 
Atravesar o fantasma
de Carlos Callón

Xosé Manuel do Pazo presentará ao autor 
quen falará do seu libro. Nel Carlos Callón fai unha peneira 
da poesía que escribiu desde a súa adolescencia ata os 35 anos.
 O poemario reflexiona sobre os dous temas centrais na vida de calquera
ser humano: o eros e o tánatos, dos cales queremos falar
e sobre os que só podemos balbucir.

05/02/15

Martes, 10 de febreiro ás 20:00 h
 Charla- coloquio
dentro do Programa  
da
 Festa do Mexillón de Bueu
 

 O Cultivo do Mexillón na abra de Bueu
A cargo de
Manuel Aldao Portas  e Arturo Sánchez Cidrás
Organizado por
Bueu Atletic Balonmán, o Concello e Bueu e a Deputación de Pontevedra
Ao remate realizarase unha visita guiada ao Museo Massó.
Museo Massó
Rúa Montero Ríos s/n
36930 Bueu (Pontevedra)
Telf. 986 321 838