Rutas en barco pola Ría de Pontevedra

As rutas realizásense no barco pesqueiro de madeira denominado Chasula e terán un carácter didáctico co obxecto de ofrecer ao visitante do museo unha experiencia real que lle permita tomar contacto directo co medio no que se desenvolve a actividade pesqueira, coñecer de preto o sistema de explotación das bateas, a pesca do polbo, o recoñecemento das sinalizacións marítimas e do ámbito costeiro, e moi especialmente navegar nunha embarcación que é un expoñente da carpintaría de ribeira tradicional.

O Chasula é un barco pesqueiro de 14 metros construído no estaleiro do Freixo en 1958 que pescaba coa arte do cerco, e navegou durante varias tempadas polas costas do Cantábrico en busca do atún e bonito do norte. O seu actual dono e patrón, Isidro Mariño Cadarso, primeiro director daEscola-Taller  de carpintaría de Ribeira de Marín, adquiriuno en 2003 e o restaurou coas súas propias mans para convertelo nun expoñente do patrimonio marítimo galego. Dende 2005 realiza rutas marítimas didácticas. Para máis información sobre a súa actividade ver http://chasulapesca.blogspot.com.

Saída dende o Museo Massó (Bueu-Pontevedra)

Horarios

Venres 20 de xullo:

Pola mañá de 10.00-12.30 h e de 12.00-14.30 h.
Pola tarde de 16.00 h. -18.30 h. e de 18.00 a 20.30 h.

Condicións
Cada menor ten que ir acompañado dun adulto
Aconséllase levar calzado apropiado
As saídas poden ser modificadas dependendo da metereoloxía
Máximo de 12 pasaxeiros por viaxe

Inscrición
A inscrición é gratuíta e deberá realizarse chamando ao teléfono: 986 321 838, onde serán atendidos entre as 10.00 e as e 20.00 h. de luns a venres, ou ben a través do correo electrónico museo.masso@xunta.es, enviando un nome e teléfono de contacto.



Comentarios

  1. Fantastica idea. Espero que se repita mas dias para ampliar la oferta cultural de Bueu en verano.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario