SINGRADURAS DIDÁCTICAS
POLA RÍA NO GALEÓN
AVE DE PASO
A  LISTA DE INSCRICIÓN ESTÁ COMPLETA. 
PODERÁ INSCRIBIRSE NA LISTA DE RESERVA

 
  As singraduras  terán un carácter didáctico co obxecto de ofrecer ao visitante a experiencia de navegar nunha embarcación propulsada a vela .
Esta iniciativa enmárcase dentro do movemento que impulsa a protección das embarcacións tradicionais e os coñecementos e técnicas a elas asociados, co obxecto de conservar a cultura mariñeira e convertela nun factor de desenvolvemento do turismo local.

Saída dende o Museo Massó

Horarios
Sábado 12 de xullo as 17:00 h

Condicións
Cada menor ten que ir acompañado dun adulto
Aconséllase levar calzado apropiado
As saídas poden ser modificadas dependendo da meteoroloxía
Máximo de 10 pasaxeiros por viaxe

Inscrición e información
A inscrición é gratuíta e deberá realizarse chamando ao teléfono: 986 321 838, onde serán atendidos entre as 10.00 e as e 20.00  h.
Importante
24 h antes da saída deberán confirmar a súa asistencia
para que  a inscrición se faga efectiva. No caso de non confirmar a asistencia a praza quedará dispoñible para as persoas inscritas na lista de espera.

Comentarios