O mércores, 23 de xullo ás 21:00 h
A librería Miranda de Bueu e Edicións Xerais
en colaboración co Museo Massó
Presentan o libro
Contos
do mar de Irlanda
de
Xurxo Souto
O acto,
que contará coa participación de Manuel Bragado
e Xurxo
Souto
O libro desvela as pegadas deixadas polos pescadores galegos
no Gran Sol.
Caladoiros tan
humanizados polos nosos avós que dende hai moitas décadas teñen nome en galego.
Embárcate nestas palabras. Alén do paralelo 48º N, o Mar das Galiñas, a Cona da
Vella, a Ferradura agardan.
A obra inclúe unha extensa referencia ás botas de goma BUEU para a pesca de altura.
Con tal motivo na sala do Museo Massó mostraranse algúns exemplares,
Con tal motivo na sala do Museo Massó mostraranse algúns exemplares,
dende as primeiras botas ata as mais modernas
inventadas e confeccionadas no taller Calzados Riobó (Bueu).
Comentarios
Publicar un comentario