DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

                      VIDEO Catálogo Conservas Massó, 1924



Quebracabezas




Co tema Museos pola igualdade: diversidade e inclusión, o Día Internacional dos Museos 2020 ten como obxectivo converterse nun punto de encontro para celebrar a diversidade de perspectivas que conforman as comunidades e o persoal dos museos, así como promover ferramentas para identificar e superar os prexuízos no que os museos mostran e nas historias que contan.
O potencial dos museos para crear experiencias significativas para persoas de todas as orixes é unha parte fundamental do seu valor social. Como axentes de cambio e institucións confiables, non hai tempo como o presente para que os museos demostren a súa relevancia ao participar construtivamente nas realidades políticas, sociais e culturais da sociedade moderna.


Comentarios