A CARPINTERÍA DE RIBEIRA. A FRÁXIL BELEZA DUN OFICIO

 


Nesta exposición, realizada no Museo do Mar de Galicia en colaboración co Museo Massó de Bueu, móstranse 50 fotografías que foron seleccionadas de entre todas as presentadas ao I Concurso de Fotografía do Museo Massó 2017, dedicado á carpintería de ribeira tradicional.

Trátase dun patrimonio histórico que comprende tanto as técnicas de navegación tradicionais e as embarcacións tradicionais, como o oficio, o taller e o estaleiro. Estas modestas carpinterías forman parte da arquitectura popular e en elas constrúense as pequeñas embarcacións de madeira dedicadas á pesca de baixura.

A carpintería de ribeira era un oficio que requería poseer uns coñecementos de gran complexidade e, en moitos casos, era itinerante.

Por isto, os estaleiros son estruturas sinxelas de madeira. Normalmente levántanse, de forma case improvisada, sobre a area ao lado do mar e, polo xeral, crecen aproveitando o material sobrante da propia actividade do taller.

Nestas características, que lle outorgan unha aparente fraxilidade, reside o seu principal valor e a súa particular beleza, algo que os obxectivos das cámaras souberon captar para convertilas en obras de arte.

Lamentablemente hoxe, uns anos despois de ser fotografados, algúns destes estaleiros desapareceron, outros, como os de Moaña, inician un camino máis esperanzador.    


Comentarios