02/08/17

Singraduras didácticas pola ría no pesqueiro Chasula

As rutas realízanse no barco pesqueiro de madeira denominado Chasula e terán un carácter didáctico co obxecto de ofrecer ao visitante do museo unha experiencia real que lle permita tomar contacto directo co medio no que se desenvolve a actividade pesqueira, coñecer de preto o sistema de explotación das bateas, a pesca do polbo, o recoñecemento das sinalizacións marítimas e do ámbito costeiro, e moi especialmente navegar nunha embarcación que é un expoñente da carpintaría de ribeira tradicional.
Chasula é un barco pesqueiro de 14 metros construído no estaleiro do Freixo en 1958 que pescaba coa arte do cerco, e navegou durante varias tempadas polas costas do Cantábrico en busca do atún e bonito do norte. O seu actual dono e patrón, Isidro Mariño Cadarso, primeiro director da Escola-Taller de carpintaría de ribeira de Marín, adquiriuno en 2003 e o restaurou coas súas propias mans para convertelo nun expoñente do patrimonio marítimo galego. Dende 2005 realiza rutas marítimas didácticas. Para máis información sobre a súa actividade ver http://chasulapesca.blogspot.com.

Ningún comentario:

Publicar un comentario