SINGRADURAS DIDÁCTICAS POLA RÍA



Singraduras didácticas
 pola Ría
no pesqueiro Chasula 
As rutas realizaranse no barco pesqueiro de madeira denominado Chasula e terán un carácter didáctico co obxecto de ofrecer ao visitante do museo unha experiencia real que lle permita tomar contacto directo co medio no que se desenvolve a actividade pesqueira, coñecer de preto o sistema de explotación das bateas, a pesca do polbo, o recoñecemento das sinalizacións marítimas e do ámbito costeiro, e moi especialmente navegar nunha embarcación que é un expoñente da carpintaría de ribeira tradicional.

Para máis información sobre a súa actividade ver http://chasulapesca.blogspot.com.

Saída dende o Museo Massó
Horarios
Debido á previsión de fortes ventos para o mércores
 a saída será o venres 12 

Pola mañá ás 10.00 e ás 12.00 h
Pola tarde ás 16.00 h.

Condicións
Cada menor ten que ir acompañado dun adulto
Aconséllase levar calzado apropiado
As saídas poden ser modificadas dependendo da meteoroloxía
Máximo de 12 pasaxeiros por viaxe

Inscrición
A inscrición é gratuíta e deberá realizarse chamando ao teléfono:
 986 321 838
Importante
Para que a inscrición se faga efectiva,
24 h antes da saída deberán confirmar a súa asistencia
No caso de non confirmar a asistencia
 a praza quedará dispoñible
para as persoas inscritas na lista de espera.


Comentarios