01/08/16

SINGRADURAS DIDÁCTICAS
       POLA RÍA NO GALEÓN
AVE DE PASO
Sábado, 6 de agosto ás 17.00 h

As singraduras  terán un carácter didáctico co obxecto de ofrecer
ao visitante a experiencia de navegar nunha embarcación propulsada a vela.
Esta iniciativa enmárcase dentro do movemento que impulsa a protección das embarcacións tradicionais e os coñecementos e técnicas a elas asociados,
co obxecto de conservar a cultura mariñeira e convertela nun factor
de desenvolvemento do turismo local.

 Condicións
Cada menor ten que ir acompañado dun adulto
Aconséllase levar calzado apropiado
As saídas poden ser modificadas dependendo da meteoroloxía
Máximo de 10 pasaxeiros por viaxe
Duración 2 horas aprox.
Preinscrición e información
A inscrición é gratuíta por estrita orde de reserva 
e deberá realizarse chamando ao teléfono: 986 321 838
Importante
Para que a inscrición se faga efectiva
24 h antes da saída deberán confirmar a súa asistencia
No caso de non confirmar a asistencia a praza quedará dispoñible para as persoas inscritas na lista de espera.

Ningún comentario:

Publicar un comentario