25/08/14

Singraduras didácticas




SINGRADURAS DIDÁCTICAS

POLA RÍA NO GALEÓN

AVE DE PASO
Sábado 30 de agosto ás 17:00 h

As singraduras  terán un carácter didáctico co obxecto de ofrecer 
ao visitante a experiencia de navegar 
nunha embarcación propulsada a vela.
Esta iniciativa enmárcase dentro do movemento que
 impulsa a protección das embarcacións tradicionais e
 os coñecementos e técnicas a elas asociados,
 co obxecto de conservar a cultura mariñeira e
 convertela nun factor de desenvolvemento do turismo local.
Saída dende o Museo Massó
Condicións
Cada menor ten que ir acompañado dun adulto
Aconséllase levar calzado apropiado
As saídas poden ser modificadas dependendo da meteoroloxía
Máximo de 10 pasaxeiros por viaxe
Inscrición e información
A inscrición é gratuíta por estricto orden de reserva 
e deberá realizarse chamando ao teléfono: 986 321 838
Importante
24 h antes da saída deberán confirmar a súa asistencia
para que  a inscrición se faga efectiva.
No caso de non confirmar a asistencia a praza quedará
 dispoñible para as persoas inscritas na lista de espera.






Ningún comentario:

Publicar un comentario