01/08/13

Singraduras didácticas pola Ría 
no galeón Ave de Paso

 
As rutas realizásense no galeón Ave de Pasoconstruído no ano 1959.  Inicialmente dedicábase á pesca e nos últimos anos de actividade actuou como embarcación auxiliar nas bateas. Na actualidade é propiedade de Fidel Simes, quen o transformou en veleiro dotándoo de aparello tipo galeón: foque, trinqueta e vela cangreja.
O galeón era a embarcación que durante o século XIX e parte do XX realizaba o transporte de mercadorías e pasaxeiros na zona das Rías Baixas.

As singraduras  terán un carácter didáctico co obxecto de ofrecer ao visitante a experiencia de navegar nunha embarcación propulsada a vela .
Esta iniciativa enmárcase dentro do movemento que impulsa a protección das embarcacións tradicionais e os coñecementos e técnicas a elas asociados, co obxecto de conservar a cultura mariñeira e convertela nun factor de desenvolvemento do turismo local.

Saída dende o Museo Massó

Horarios

Sábado 3 de agosto ás  17.000 h.

Sábado 10 de agosto ás 17.00 h.

Condicións
Cada menor ten que ir acompañado dun adulto
Aconséllase levar calzado apropiado
As saídas poden ser modificadas dependendo da metereoloxía
Máximo de 10 pasaxeiros por viaxe

Peinscrición
IMPORTANTE: A reserva deberá realizarse directamente no Museo Massó o chamando ao telefono: 986 321 838, onde serán atendidos entre as 10.00 e as e 20.00 h..

24 h antes da saída deberán confirmar a súa asistenciapara que  a inscrición se faga efectiva. No caso de non confirmar a asistencia a praza quedará dispoñible para as persoas inscritas na lista de espera.






Ningún comentario:

Publicar un comentario