Singraduras didácticas pola Ría
no pesqueiro Chasula
no pesqueiro Chasula
As rutas
realizásense no barco pesqueiro de madeira denominado Chasula e terán un carácter didáctico co obxecto de ofrecer ao visitante do
museo unha experiencia real que lle permita tomar contacto directo co medio no
que se desenvolve a actividade pesqueira, coñecer de preto o sistema de
explotación das bateas, a pesca do polbo, o recoñecemento das sinalizacións
marítimas e do ámbito costeiro, e moi especialmente navegar nunha embarcación
que é un expoñente da carpintaría de ribeira tradicional.
O Chasula é un barco pesqueiro de 14 metros construído no estaleiro do Freixo
en 1958 que pescaba coa arte do cerco, e navegou durante varias tempadas polas
costas do Cantábrico en busca do atún e bonito do norte. O seu actual dono e
patrón, Isidro Mariño Cadarso, primeiro director da Escola-Taller de carpintaría de Ribeira de Marín, adquiriuno en 2003 e o restaurou coas súas propias mans para
convertelo nun expoñente do patrimonio marítimo galego. Dende 2005 realiza
rutas marítimas didácticas. Para máis información sobre a súa actividade ver
http://chasulapesca.blogspot.com.
Saída dende o Museo Massó
Horarios
Mércores 20 de xullo
Pola mañá ás 10.00 e
ás 12.00 h
Pola tarde ás 16.00 h.
Condicións
Cada menor ten que ir
acompañado dun adulto
Aconséllase levar calzado
apropiado
As saídas poden ser
modificadas dependendo da metereoloxía
Máximo de 12 pasaxeiros por
viaxe
Inscrición
A inscrición é gratuíta e
deberá realizarse chamando ao teléfono:
986 321 838
para as persoas inscritas na lista de espera.
986 321 838
Importante
Para que a inscrición se faga efectiva,
24 h antes da saída deberán confirmar a súa asistencia
No caso de non confirmar a asistencia a praza quedará dispoñible 24 h antes da saída deberán confirmar a súa asistencia
para as persoas inscritas na lista de espera.
Comentarios
Publicar un comentario