Blas de Lezo, un mariño de lenda
O mércores 23 de maio, as 20.00 h. conferencia no Museo
Conferencia de Miguel Aragón Fontenla sobre o
lendario xeneral da armada española no século XVIII-
No Museo Massó se conserva un dos diarios de
navegación da expedición comandada por
Blas de Lezo para reconquistar a cidade de Orán no ano 1733. Durante a
conferencia se fará un percorrido pola
peculiar biografía dun mariño de lenda que combateu aos corsos e
participou en numerosas batallas navais, nas que foise deixando primeiro unha
perna, logo o ollo esquerdo e finalmente, a mobilidade dun brazo.
Miguel Aragón Fontenla é coronel de Infantería de Mariña, e
actualmente e xefe da Sección de Patrimonio Naval Sumergido no Instituto de
Historia y Cultura Naval de Madrid. E mergullador de combate e participou nas
tres primeiras Campañas Científicas Españolas na Antártida.
Como investigador de naufraxios traballou sobre
o afundimento do histórico navío San Telmo, construído no
arsenal de Ferrol en 1788 do cal o Museo Massó expón a
reprodución do seu mascarón de proa.
Recentemente participou nas xornadas organizadas en
honor de Blas de Lezo en Cartagena de Indias.
Comentarios
Publicar un comentario