09/08/11


Rutas no galeón Nueva Sofía pola Ría de Pontevedra

Xa non quedan prazas

As rutas realizásense no galeón construído en 1948 en Rianxo. La embarcación traballou como areneiro para uns armadores de Catoira, posteriormente, xa motorizado, pasou a ser un barco auxiliar de batea na Illa de Arousa e finalmente no Porto Meloxo, O Grove. Foi restaurado pola Asociación Cultural Rabandeira de Vilanova de Arousa e o Grupo Etnográfico Mascato de Cambados.

As singraduras terán un carácter didáctico co obxecto de ofrecer ao visitante a experiencia de navegar nunha embarcación propulsada a vela .

Saída dende o Museo Massó

Horarios

Mates 16 e mércores 17 de agosto de 2011

Pola mañá: de 11.30-13.30 h

Pola tarde : de 18.00 a 20.00 h.

Condicións

Cada menor ten que ir acompañado dun adulto

Aconséllase levar calzado apropiado

As saídas poden ser modificadas dependendo da metereoloxía

Máximo de 10 pasaxeiros por viaxe

Inscrición

A inscrición é gratuíta e deberá realizarse chamando ao teléfono: 986 321 838, onde serán atendidos entre as 10.00 e as e 20.00 h. de luns a venres, ou ben a través do correo electrónico museo.masso@xunta.es, enviando un nome e teléfono de contacto.



Ningún comentario:

Publicar un comentario