31/08/10











TRANSLATIO SANCTI IACOBI. A TRAVESÍA MARÍTIMA DO APÓSTOLO


Esta pequena exposición de longa duración toma como punto de partida un exvoto mariñeiro do século XIX no que se representa en relevo policromado a chegada milagrosa en barca do corpo de Santiago ás costas galegas. Ademáis da propia lenda da Translación do corpo do Apóstolo e as circunstancias históricas que explican a súa invención no século XI, nesta mostra preséntanse outros aspectos colaterais vinculados coa temática marítima tan suxestivos como é a simboloxía que asumiu a barca en certas culturas relixiosas que forman parte da nosa tradición cultural, ou a relación que se establece a través da cuncha vieira ou venera entre o culto a Venus, o bautismo cristián e a peregrinación xacobea.

Entre as pezas expostas, destaca un ara votiva de época romana que ilustra a orixe da práctica de ofrecer exvotos á divindade, varios libros incunables, a reprodución dunha moeda acuñada en Santiago no século XII coa representación mais antiga que se coñece da Translatio, maquetas de barcos, etc.. Dous libros incunables recollen a lenda do apóstolo Santiago, como son o Liber Chronicarum editado en 1493 con un gravado do seu martirio e a Lenda Dourada Jacopo della Vorágine, de 1478, mentres que un exemplar da A Divina Comedia editado en 1493 introdúcenos no mito do barqueiro Caronte transportando as almas dos condenados.

Un exemplar de Tridacna máxima ou almexa xigante e diversas pezas co motivo de concha xacobea dannos a oportunidade de establecer a conexións cultural existente entre a cuncha de Venus, a cuncha bautismal e a do peregrino.


TRANSLATIO SANCTI IACOBI. LA TRAVESÍA MARÍTIMA DEL APÓSTOL

Esta pequeña exposición de larga duración toma como punto de partida un exvoto marinero del siglo XIX en el que se representa en relieve policromado la llegada milagrosa en barca del cuerpo de Santiago a las costas gallegas.

Además de la propia leyenda de la traslación del cuerpo del Apóstol y las circunstancias históricas que explican su invención en el siglo XI, en esta exposición se presentan otros aspectos colaterales vinculados con la temática marítima, tan sugestivos como es la simbología que asumió la barca en ciertas culturas religiosas que forman parte de nuestra tradición cultural, o la relación que se establece a través de la concha vieira o venera entre el culto a Venus, el bautismo y la peregrinación jacobea.

Entre las piezas expuestas, destaca un ara votiva de época romana que ilustra el origen de la práctica de ofrecer exvotos a la divinidad, varios libros incunables, la reproducción de una moneda acuñada en Santiago en el siglo XII con la representación mas antigua que se conoce de la Translatio, maquetas de barcos, etc.. Dos libros incunables recogen la leyenda del apóstol Santiago, como son el Liber Chronicarum editado en 1493 con un grabado de su martirio y La leyenda Dorada de Jacopo della Vorágine, de 1478, mientras que un ejemplar de La Divina Comedia editado en 1493 nos introduce en el mito del barquero Caronte transportando las almas de los condenados.

Un ejemplar de Tridacna máxima o almeja gigante así como diversas piezas con el motivo de la concha jacobea, nos dan la oportunidad de establecer las conexiones culturales existente entre la concha de Venus, la concha bautismal e la del peregrino.

1 comentario:

  1. Magnífica mostra a partires dunha obra da colección do museo, arroupada con pezas relacionadas, todo acompañado de breves explicacións didácticas dentro dun discurso expositivo moi ben documentado.
    Os meus parabéns por un traballo exemplar feito con poucos medios!!

    ResponderEliminar