Obradoiro didáctico Con A de astrónomAs. Día Internacional da Muller


Co motivo da celebración do Dia Internacional da Muller a partir do 4 de marzo,  o Museo Massó oferta como novidade na súa programación para centros de ensino o obradoiro Con A de astrónomAs, no que se aborda a aportación de diferentes mulleres astrónomas que foran esquecidas. Dende  Hipatía de Alexandría no século IV ata o século XIX co grupo de astrónomas do Observatorio de Harvard, as cales fixeron grandes descubrimentos que cambiarían o rumbo da astronomía.


Comentarios