Singraduras didácticas pola ría no pesqueiro Chasula
As
rutas realízanse no barco pesqueiro de madeira denominado Chasula e
terán un carácter didáctico co obxecto de ofrecer ao visitante do
museo unha experiencia real que lle permita tomar contacto directo co
medio no que se desenvolve a actividade pesqueira, coñecer de preto
o sistema de explotación das bateas, a pesca do polbo, o
recoñecemento das sinalizacións marítimas e do ámbito costeiro, e
moi especialmente navegar nunha embarcación que é un expoñente da
carpintaría de ribeira tradicional.
O Chasula é
un barco pesqueiro de 14 metros construído no estaleiro do Freixo en
1958 que pescaba coa arte do cerco, e navegou durante varias tempadas
polas costas do Cantábrico en busca do atún e bonito do norte. O
seu actual dono e patrón, Isidro Mariño Cadarso, primeiro director
da Escola-Taller
de carpintaría de ribeira de Marín,
adquiriuno en 2003 e o restaurou coas súas propias mans para
convertelo nun expoñente do patrimonio marítimo galego. Dende 2005
realiza rutas marítimas didácticas. Para máis información sobre a
súa actividade ver http://chasulapesca.blogspot.com.
Comentarios
Publicar un comentario