Singraduras didácticas pola ría no pesqueiro Chasula
O Chasula é un barco pesqueiro de 14 metros construído no estaleiro do Freixo en 1958 que pescaba coa arte do cerco, e navegou durante varias tempadas polas costas do Cantábrico en busca do atún e bonito do norte. O seu actual dono e patrón, Isidro Mariño Cadarso, primeiro director da Escola-Taller de carpintaría de ribeira de Marín, adquiriuno en 2003 e o restaurou coas súas propias mans para convertelo nun expoñente do patrimonio marítimo galego. Dende 2005 realiza rutas marítimas didácticas.
Comentarios
Publicar un comentario