SIGRADURAS DIDÁCTICAS POLA RÍA



SINGRADURAS DIDÁCTICAS
       POLA RÍA NO GALEÓN
AVE DE PASO
 Sábado 2 de xullo ás 17.00 h
 

As singraduras terán un carácter didáctico 
co obxecto de ofrecer ao visitante a experiencia 
de navegar nunha embarcación propulsada a vela.
Esta iniciativa enmárcase dentro do movemento que impulsa 
a protección das embarcacións tradicionais 
e os coñecementos e técnicas a elas asociados,
co obxecto de conservar a cultura mariñeira e convertela 
nun factor de desenvolvemento do turismo local.

Saída dende o Museo Massó

Condicións
Cada menor ten que ir acompañado dun adulto
Aconséllase levar calzado apropiado
As saídas poden ser modificadas dependendo da meteoroloxía
Máximo de 10 pasaxeiros por viaxe

Inscrición e información
A inscrición é gratuíta por estrita orde de reserva 
e deberá realizarse chamando ao teléfono: 986 321 838

Importante
24 h antes da saída deberán confirmar a súa asistencia
para que a inscrición se faga efectiva. No caso de non confirmar a asistencia a praza quedará dispoñible para as persoas inscritas na lista de espera.

Comentarios