OBRADOIROS DIDÁCTICOS GRATUITOS
PARA CENTROS DE ENSINO
PARA CENTROS DE ENSINO
A reserva deberá realizarse chamando ao teléfono 986 321 838 onde serán atendidos entre as 10:00 y las 20:00 h. de luns a venres, ou a través do correo electrónico museo.masso@xunta.es, enviando un nome e un teléfono de contacto.
AS NOVAS PROPOSTAS PARA O CURSO ESCOLAR
2015-2016
Estrela polar (Para nen@s de 3 a 5
anos)
A
pesar da gran dificultade que ten para o ciclo de infantil entender a
orientación astronómica, este obradoiro está ideado para desenvolverse dun
xeito activo e participativo no que os escolares poidan asimilar os conceptos
básicos mediante o xogo.
B de balea (Para nen@s de 3 a 5
anos)
A partir
de pequenos xogos de construción de palabras e de imaxes, os participantes irán
descubrindo as características das
diferentes especies de cetáceos e porque se cazaban antigamente, así como os
motivos polos que se abandonou esta práctica en moitos países.
A caza
da balea
(Para nen@s de 6
a 9 anos)
Mediante
un xogo de pistas os participantes deberán atopar unhas pezas agochadas no museo,
co obxectivo principal de achegar aos nenos/as os contidos da exposición De
Punta Balea a Cabo Morás. Cada grupo terá que resolver diferentes incógnitas,
poñendo as solucións en común na parte final do obradoiro.
Punta Balea (Para nen@s de 9 a
12 anos)
Mediante
un xogo de orientación os participantes irán obtendo información de como foi a
evolución da industria baleeira. A partir da
exposición De Punta Balea a Cabo Morás irán recoñecendo e relacionando
obxectos, imaxes e palabras que axudarán a descifrar unha mensaxe.
OUTROS OBRADOIROS
Cousas da praia (Dirixido a nen@s de entre 3 a 6 anos)
Mediante
este xogo pretendemos que os máis cativos teñan unha visión diferente da praia
e aprendan a respectala como un espazo natural.
Mediante
o xogo e a música ensinaremos aos participantes de que está formada a area da
praia, porque sube e baixa a marea, os tipos de plantas que viven nas dunas,
etc.
Cuns
puñados de area, un panel con obxectos que podemos atopar na praia, cunchas e
cancións, os participantes coñecerán de que está formada a area, que obxectos
pertencen á praia e cales non deben estar alí e que traballos se desenvolvían
na praia antigamente.
Mar á vista (Para
nen@s de 3 a 5 anos)
Xogo de recoñecemento de obxectos representados nunha das pinturas de
Urbano Lugrís. Os nenos deberán ir descubrindo cal é o obxecto presentado e cal
é a súa representación na pintura.
Sentir o museo (Para nen@s de 3
a 5 anos)
Este obradoiro pretende ser unha viaxe sensorial para experimentar o
museo a través do oído, do tacto, do olfacto, do gusto e da vista. Os nen@s
descubrirán os obxectos do museo e a súa historia para logo escoitar, tocar,
cheirar e saborear cos ollos pechados e identificar o que viron ao longo da
visita.
Sardiñas para unha lata (Dirixido a nen@s de 4 a 10 anos)
Este
obradoiro fai un percorrido por todo o proceso da conserva da sardiña, dende
a vida no mar e as diferentes artes de pesca para capturalas, ata
os distintos métodos de conserva. Farase un repaso para coñecer a orixe da
industria conserveira e particularmente a da Fábrica Massó.
En busca do tesouro (Para nen@s de 5 a 9
anos)
A
partir dun mapa e algunhas pistas orientativas, os participantes terán que
encontrar as diferentes partes dun quebracabezas coma si dun tesouro se
tratara. A ruta do mapa centrarase na primeira volta ao mundo e os
motivos comerciais que a impulsaron.
A Balea (Para
nen@s de 6 a 8 anos)
A partir dunha introdución sobre as características principais das baleas
e as diferentes ameazas ás que se ven sometidas, os participantes realizarán
dous pequenos murais mediante a técnica do collage. Unha das imaxes estará baseada na caza
das baleas e os diferentes perigos que corren e a outra representará a
importancia de conservar a especie como parte dun ecosistema. O collage
realizarase recortando imaxes e palabras de revistas, periódicos, etc…
Mensaxe nunha botella (Dirixido a nen@s de 6 a 12 anos)
Nesta
actividade lúdico- cultural as mensaxes dentro das botellas agochadas polas
salas do museo revelarán aos participantes a importancia que teñen os océanos
para o noso planeta, tanto para a diversidade das especies como pola súa
influencia no clima. Mediante un xogo deberán completar unhas tarxetas que
aportarán as pistas necesarias para atopar as mensaxes. Finalmente cada
participante escribirá unha mensaxe cun bo desexo para os océanos e todas as
mensaxes se meterán nunha botella común.
O que o mar non quere (Para
nen@s de 5 a 14 anos)
O mar converteuse nun gran vertedoiro de lixo onde se mesturan toda
clase de residuos, a maioría plásticos. Paseando pola praia podemos
encontrarnos numerosos obxectos que forman parte deses residuos e que deberían
seguir o proceso de reciclaxe. Neste obradoiro os participantes traerán algún
destes obxectos encontrados para falar sobre os problemas que están a causar no
ecosistema e as posibles solucións ao problema do lixo. Finalmente
reutilizaremos os materiais construíndo un gran monstro mariño.
Seguir o rumbo. A agulla de marear (Para nen@s de mais de 9 anos)
Este
obradoiro ten como obxectivo facer comprender as propiedades
magnéticas da Terra e familiarizar aos escolares co manexo deste instrumento e
a súa utilidade na navegación.
O mapa do mariñeiro. A carta náutica (Para nen@s de mais de 9 anos)
Os
alumnos poderán familiarizarse coa interpretación e manexo das cartas náuticas,
aprender a utilizar as unidades de medidas náuticas e as escalas e situar os
puntos de referencia da costa e os faros de Bueu no mapa.
Ex-libris (Para
persoas de máis de 12 anos)
O obradoiro
consiste na realización de pequenos ex-libris (selos ou estampas) para
personalizar os libros dos/as participantes. Aprenderán
a técnica do gravado sobre goma e a fabricación de tampóns. Os participantes logo de coñecer o ex libris
que Antonio Massó deseñou para a biblioteca do Museo, elaborarán e estamparán o
seu propio selo.
Atando Cabos. Nós mariñeiros (Dirixido a persoas maiores de 7 anos e menores acompañados)
Obradoiro
práctico de aprendizaxe de 5 nós mariñeiros básicos: Cote, As de Guía, Chan,
Oito e Ballestrinque. Explicarase a súa orixe e aplicación e, despois,
montarase un pequeno cadro de nós.
O sal do mar (para
nen@os de 9 a 16 anos)
Este taller pretende facer comprender o papel fundamental
do sal na conservación dos alimentos e a importancia da súa
comercialización ao longo da historia, chegando a alcanzar grandes repercusións
económicas e políticas. Prestarase maior atención ao uso do sal en Galicia para
a conservación do peixe, sendo a salga un método empregado durante moitos
séculos antes de que existiran as conservas enlatadas e os conxeladores.
Orientarse no mar (para nen@os de 9 a 16 anos)
Antigamente
para coñecer o mundo había que navegar. As primeiras expedicións marítimas non
tiñan os medios actuais para aventurarse nos mares descoñecidos, era preciso
ter coñecementos de astronomía e matemáticas para poder facer os cálculos que
levaran a embarcación a bo porto. Moitos dos instrumentos empregados entón,
están
hoxe en desuso. Con este obradoiro os participantes poderán entender un pouco
máis como se utilizaba o astrolabio e o sextante para facer as medicións co
horizonte.
Comentarios
Publicar un comentario