A COLECCIÓN ANTONIO
RAMA. UNHA GRAN DOAZÓN PARA O MUSEO MASSÓ
Os fondos do Museo Massó víronse incrementados nos últimos
días coa incorporación dunha desinteresada doazón dun coleccionista particular,
Antonio Rama, composta por una variada colección de obxectos náuticos.
Antonio Rama Laguna foi reporteiro gráfico ata su retiro, actividade
que desenvolveu moitos anos na Televisión de Galicia. Compaxinou o seu traballo
cunha das súas grandes aficións, o coleccionismo de obxectos e antigüidades
relacionados coa navegación.
A doazón realizada a Comunidade Autónoma de Galicia para ser
exposta no Museo Massó, xa está nas
instalacións do Museo, que prepara unha exposición temporal para presentala ao público e como adianto do que será nun
futuro a súa integración na exposición permanente.
No Museo Massó se
está a catalogar este material, composto por case
duascentas pezas, entre as que figuran obxectos que non existían nos fondos do
Museo, que posúe unha das mellores
coleccións de instrumentos de navegación.
Entre os obxectos doados destacan os instrumentos de navegación, pistolas
lanzabengalas de diferentes épocas, unha lanterna de faro, placas
identificativas de barcos procedentes de estaleiros galegos, bucinas ou sirenas,
catalexos, documentos e incluso unha escafandra e botas clásicas de mergullador,
de finais do século XIX.
Entre as “xoias” da colección cabe destacar, a modo de
exemplo, un telégrafo para a transmisión de manobras dende o barco de 1885 ou
tamén un sextante circular ou círculo de reflexión, instrumento de navegación
xa moi escaso en todo o mundo.
Comentarios
Publicar un comentario