Singraduras didácticas pola ría 
no pesqueiro Chasula


As rutas realízanse no barco pesqueiro de madeira denominado Chasula e terán un carácter didáctico co obxecto de ofrecer ao visitante do museo unha experiencia real que lle permita tomar contacto directo co medio no que se desenvolve a actividade pesqueira, coñecer de preto o sistema de explotación das bateas, a pesca do polbo, o recoñecemento das sinalizacións marítimas e do ámbito costeiro, e moi especialmente navegar nunha embarcación que é un expoñente da carpintaría de ribeira tradicional.

O Chasula é un barco pesqueiro de 14 metros construído no estaleiro do Freixo en 1958 que pescaba coa arte do cerco, e navegou durante varias tempadas polas costas do Cantábrico en busca do atún e bonito do norte. O seu actual dono e patrón, Isidro Mariño Cadarso, primeiro director da Escola-Taller de carpintaría de ribeira de Marín, adquiriuno en 2003 e o restaurou coas súas propias mans para convertelo nun expoñente do patrimonio marítimo galego. Dende 2005 realiza rutas marítimas didácticas. Para máis información sobre a súa actividade ver http://chasulapesca.blogspot.com.

Saída dende o Museo Massó

Horarios
Martes 11 de agosto
Pola mañá ás  10.00 e ás 12.00 h 
Pola tarde ás 16.00 h.


Condicións
Cada menor ten que ir acompañado dun adulto
Aconséllase levar calzado apropiado
As saídas poden ser modificadas dependendo da metereoloxía
Máximo de 12 pasaxeiros por viaxe

Inscrición
A inscrición é gratuíta e deberá realizarse chamando ao teléfono: 986 321 838
Importante
Para que a inscrición se faga efectiva,
 24 h antes da saída deberán confirmar a súa asistencia
No caso de non confirmar a asistencia a praza quedará dispoñible 
para as persoas inscritas na lista de espera.



Comentarios