SINGRADURAS DIDÁCTICAS
POLA RÍA NO GALEÓN
AVE DE PASO
sábado 1 de agosto ás 17:00 h
As singraduras terán
un carácter didáctico co obxecto de ofrecer ao visitante a experiencia de
navegar nunha embarcación propulsada a vela .
Esta iniciativa enmárcase
dentro do movemento que impulsa a protección das embarcacións tradicionais e os
coñecementos e técnicas a elas asociados, co obxecto de conservar a cultura
mariñeira e convertela nun factor de desenvolvemento do turismo local.
Saída dende o Museo Massó
Condicións
Cada menor ten que ir
acompañado dun adulto
Aconséllase levar calzado
apropiado
As saídas poden ser
modificadas dependendo da meteoroloxía
Máximo de 10 pasaxeiros por
viaxe
Inscrición e información
A inscrición é gratuíta por estricto orden de reserva
e deberá realizarse chamando ao teléfono: 986 321 838
Importante
24 h antes da saída deberán confirmar a súa asistencia
para que a inscrición se faga efectiva. No caso de non
confirmar a asistencia a praza quedará dispoñible para as persoas inscritas na
lista de espera.
Comentarios
Publicar un comentario