ALFOMBRA FLORAL
O pasado domingo 7 de xuño o Museo Massó participou, como ven sendo habitual,
na xornada das alfombras florais do Corpus de Bueu que conta cunha tradición
de mais de 300 anos.
No tapiz floral do Museo Massó, realizado na rúa diante a fachada do Museo,
representouse un deseño gráfico realizado polo artista Nacho Sexto no ano 1984
para ilustrar unha das portadas da revista Industrias Pesqueras que conserva o Museo na súa biblioteca
Comentarios
Publicar un comentario