A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA SUBVENCIONA
A RESTAURACIÓN DA EMBARCACIÓN CANELIÑA
A RESTAURACIÓN DA EMBARCACIÓN CANELIÑA
O O racú Caneliña é unha embarcación emblemática
para a comunidade da Illa de Ons xa que esta tipoloxía foi a primeira
embarcación de motor adoptada polos veciños da illa nos anos 60 para substituír
as pequenas dornas e a que lles permitiu saír do illamento.
O Museo Massó iniciou no mes de setembro a
restauración do pesqueiro Caneliña que fora doado polo seu anterior
propietario en 2011 á Xunta de Galicia para formar parte da colección
do Museo Massó.
Esta restauración foi posible grazas a
unha subvención da Deputación de Pontevedra, a cal foi concedida ao abeiro das bases de apoio a embarcacións tradicionais da provincia de Pontevedra para a súa rehabilitación
e mellora con fins de carácter turístico-culturais ou de musealización .
A Asociación de Amigos das Embarcacións
Tradicionais Os Galos de Bueu e a restauradora Fátima
Sánchez Varela foron os encargados de levar a cabo
este proxecto de restauración.
Comentarios
Publicar un comentario