Singraduras didácticas pola Ría no galeón Ave de Paso
As
rutas realizásense no galeón Ave de Paso construído
no ano 1959. Inicialmente dedicábase á
pesca e nos últimos anos de actividade actuou como embarcación auxiliar nas
bateas. Na actualidade é propiedade de Fidel Simes, quen o transformou en
veleiro dotándoo de aparello tipo galeón: foque, trinqueta e vela cangreja.
O
galeón era a embarcación que durante o século XIX e parte do XX realizaba o
transporte de mercadorías e pasaxeiros na zona das Rías Baixas.
As singraduras terán un
carácter didáctico co obxecto de ofrecer ao visitante a experiencia de navegar
nunha embarcación propulsada a vela .
Esta
iniciativa enmárcase dentro do movemento que impulsa a protección das
embarcacións tradicionais e os coñecementos e técnicas a elas asociados, co
obxecto de conservar a cultura mariñeira e convertela nun factor de
desenvolvemento do turismo local.
Saída dende o Museo Massó
Horarios
Sábado 20 de xullo as 17.000 h.
Domingo 21 de xullo as 17.00 h.
Condicións
Cada menor ten que ir acompañado dun adulto
Aconséllase levar calzado
apropiado
As saídas poden ser modificadas dependendo da metereoloxía
Máximo de 10 pasaxeiros por viaxe
Peinscrición
IMPORTANTE: A
reserva deberá realizarse directamente no Museo Massó o chamando ao telefono: 986 321 838, onde serán atendidos entre
as 10.00 e as e 20.00 h..
24
h antes da saída deberán confirmar a súa asistencia para
que a inscrición se faga efectiva. No
caso de non confirmar a asistencia a praza quedará dispoñible para as persoas
inscritas na lista de espera.
Comentarios
Publicar un comentario