Este verán vémonos no Museo
No Museo Massó presentamos unha nova programación de obradoiros para o verán.
Os
obradoiros terán unha duración de unha hora.
A
inscrición deberá realizarse chamando ao teléfono 986 321 838 onde
serán atendidos entre as 10.00 y las 20.00 h. de luns a venres.
26 de
xullo ás 12.00 h.
Balea
Logo de visitar a sala dedicada á caza da balea, coñecer
como se cazaba no século XVIII e no século XX, e ver os obxectos empregados na
factoría baleeira, os participantes realizarán dous murais sobre esta temática
coa técnica da colaxe. Un deles dedicado a caza da balea e outro as razóns da
súa prohibición.
Para nen@s de 6 a 12 anos
1 de
agosto ás 12.00 h.
Ex-libris mariñeiros
Os
participantes realizaran cos monitores unha visita á exposición temporal
dedicada a Antonio Massó para coñecer o ex-libris que deseñou para a biblioteca
do Museo, logo elixirán entre os obxectos da exposición un motivo para realizar
o seu propio ex-libris sobre unha goma
de borrar e o estamparán sobre unha figura feita con papel .
Para maiores de 12 años
8 de
agosto ás 12.00 h.
O que
o mar non quere
Os
participantes traerán obxectos abandonados o levados polo mar á
praia e intentaremos coñecer canto tempo tardan en desaparecer cada un dos
materiais dos obxectos, onde deberíamos depositalos, como podemos reutilizalos e
reciclalos de forma creativa.
Finalmente
con todos os obxectos construiremos un mostro mariño que se exporá no Museo
Dirixido a nen@s de 5 a 14 anos
15 de agosto
Sentir o Museo
Este obradoiro pretende ser unha viaxe sensorial para
experimentar o museo a través do oído, do tacto, do olfacto, do gusto e da
vista. @s nen@s descubriran os obxectos do museo e a súa historia para logo
escoitar, tocar, cheirar e saborear cos ollos pechados e identificar o que
viron ao longo da visita.
Dirixido a nen@s de 3 a 6 anos
16 de
agosto ás 12.00 h.
Balea
Logo de visitar a sala dedicada á caza da balea, coñecer
como se cazaba no século XVIII e no século XX, e ver os obxectos empregados na
factoría baleeira, os participantes realizarán dous murais sobre esta temática
coa técnica da colaxe. Un deles dedicado a caza da balea e outro as razóns da
súa prohibición.
Para nen@s de 6 a 12 anos
22 de
agosto ás 12.00h.
O que
o mar non quere
Os participantes traerán obxectos abandonados o levados polo mar á praia e intentaremos coñecer canto tempo tardan en desaparecer cada un dos materiais dos obxectos, onde deberíamos depositalos, como podemos reutilizalos e reciclalos de forma creativa.
Finalmente con todos os obxectos construiremos un mostro mariño que se exporá no Museo
Dirixido a nen@s de 5 a 14 anos
Comentarios
Publicar un comentario