Exposición temporal
Antonio Massó García ((Vigo, 1906-1988) formou
parte da terceira xeración da saga catalá dos Massó que se
establece en Bueu
(Pontevedra) a principios do século XIX para
dedicarse á salgadura e conserva de peixe. Foi o cuarto e o menor dos fillos de Gaspar Massó
Ferrer, fundador, xunto co seu pai e o seu irmán Salvador,
da fábrica de conservas herméticas en 1883.
Nesta
exposición queremos destacar a faceta creativa do empresario Antonio Massó.
A súa inclinación artística levouno a facerse cargo da imaxe e a publicidade da
fábrica de conservas Massó Hermanos e a desenvolver unha gran destreza na
arte do scimshaw. Para iso valíase dos cairos de
cachalote procedentes da factoría baleeira que tiñan en Cangas e os pirogravaba reproducindo
escenas navais e de caza de balea.
Sen dúbida Gaspar Massó García (1892- 1991) soubo trasladar ao seu irmán menor o interese pola valiosa colección bibliográfica que a familia atesouraba no Museo Massó. Antonio implicouse de forma moi activa no seu acrecentamento e difusión, chegando mesmo a deseñar o ex - libris da biblioteca familiar.
A mostra intégrase dentro do percorrido da exposición permanente. Deste xeito a figura de Antonio cobra toda a súa relevancia en cada unha das seccións do discurso expositivo: a sala do antigo Museo e as salas dedicadas ás factorías conserveira e baleeira, que foron propiedade da familia e nas que desempeñou a súa actividade profesional e envorcou a súa inquietude artística.

Comentarios
Publicar un comentario