Obradoiros no Museo
No Museo Massó continuamos co programa de obradoiros paragrupos de
nen@s. As datas adaptaranse a dispoñibilidade dos solicitantes.
Para nen@s de 5 a 9 anos
En busca do tesouro
A partir dun mapa e algunhas pistas orientativas, os participantes
terán que encontrar as diferentes partes dun crebacabezas, coma si dun tesouro
se tratara. A ruta do mapa centrarase na primeira volta ao mundo e os
motivos comerciais que a impulsaron.
“ Mar á
vista “
Xogo de recoñecemento de obxectos
representados nunha das pinturas de Urbano Lugrís. Os nenos deberán ir
descubrindo cal é o obxecto presentado e cal é a súa representación na pintura.
Para nen@s de mais de 9 anos
Seguir o rumbo. A agulla de marear
Este obradoiro ten como obxectivo facer comprender as propiedades magnéticas da Terra e familiarizar aos
escolares co manexo do instrumento e a súa utilidade na navegación.
O mapa do mariñeiro. A carta náutica
Os alumnos poderán familiarizarse coa interpretación e manexo das
cartas náuticas, aprender a utilizar as unidades de medidas náuticas e as
escalas e situar os puntos de referencia da costa e os faros de Bueu no mapa.
Para toda
a familia
Atando Cabos. Nós mariñeiros
Obradoiro práctico de aprendizaxe de 5 nós mariñeiros básicos:
Cote, As de Guía, Chan, Oito e Ballestrinque. Explicarase a súa orixe e
aplicación. Montarase un pequeno cadro de nós.
Os obradoiros terán entre unha hora e hora e media de duración.
A inscrición deberá
realizarse chamando ao teléfono 986 321 838 onde serán atendidos entre as
10.00 y las 20.00 h. de luns a venres, ou a través do correo electrónico museo.masso@xunta.es,
enviando un nome e un teléfono de contacto.
Comentarios
Publicar un comentario