O sábado 25 e o
domingo 26 de maio
Luciano Pérez impartirá o curso
A Zanfona e os trovadores na tradición
musical galega
O curso desenvolverase en dúas fases,
unha teórica na que se dan aos
participantes unhas nocións básicas sobre os instrumentos musicais e as
distintas formas nas que se produce o
son, e sobre a zanfona en particular.
A fase práctica consistirá na
construcción por parte de cada participante da súa pequena caixa de
música-zanfona coa melodía dunha das cantigas
a Santa María de Alfonso X “O Sabio”.
Sábado 25 de maio de 12 a 14h. e de 17 a 20
h.
Domingo 26 de maio de 11 a 14h.
Idade:
de 12 en adiante.
Inscrición previa: Telf. 986 321
838 // museo.masso@xunta.es
O sábado, ao finalizar a xornada do
curso, Carlos do Viso interpretará á zanfona unhas cantigas de cego percorrendo
as salas de exposición.
Comentarios
Publicar un comentario