os sábados vamos ao museo
Sábado 4 de maio ás 12.00 -13.00 h.
Atando Cabos. Nós mariñeiros
Obradoiro
práctico de aprendizaxe de 5 nós mariñeiros básicos: Cote, As de Guía, Chan,
Oito e Ballestrinque. Explicarase a súa orixe e aplicación. Montarase un
pequeno cadro de nós.
Para toda a
familia
Sábado 11 de maio ás 12.00 -13.00 h.
O mapa do mariñeiro. A carta náutica
Os
alumnos poderán familiarizarse coa interpretación e manexo das cartas náuticas,
aprender a utilizar as unidades de medidas náuticas e as escalas e situar os
puntos de referencia da costa e os faros de Bueu no mapa.
Para nen@s de entre 5 e 13 anos
Sábado 18 de maio ás 12.00 -13.00 h.
En busca do
tesouro
A
partir dun mapa e algunhas pistas orientativas, os participantes terán que
encontrar as diferentes partes dun crebacabezas, coma si dun tesouro se
tratara. A ruta do mapa centrarase na primeira volta ao mundo e os
motivos comerciais que a impulsaron.
Para nen@s entre 5 e 9 anos
E precisa a inscrición previa
Para mais información podedes chamar ao Museo
Massó: telf. 986 321 838
museo.masso@xunta.es
museo.masso@xunta.es
Comentarios
Publicar un comentario