Singraduras didácticas pola Ría no galeón Ave de Paso
As rutas realizásense no galeón Ave de Paso construído no ano 1959. Inicialmente dedicábase á pesca e nos últimos
anos de actividade actuou como embarcación auxiliar nas bateas. Na actualidade
é propiedade de Fidel Simes, quen o transformou en veleiro dotándoo de aparello
tipo galeón: foque, trinqueta e vela cangreja.
O
galeón era a embarcación que durante o século XIX e parte do XX realizaba o
transporte de mercadorías e pasaxeiros na zona das Rías Baixas.
As singraduras terán un
carácter didáctico co obxecto de ofrecer ao visitante a experiencia de navegar
nunha embarcación propulsada a vela .
Esta iniciativa
enmárcase dentro do movemento que impulsa a protección das embarcacións
tradicionais e os coñecementos e técnicas a elas asociados, co obxecto de
conservar a cultura mariñeira e convertela nun factor de desenvolvemento do
turismo local.
Saída dende o Museo Massó
Horarios
Sábado 18 agosto:
De 16.30.00 h. a 19.00 h.
Domingo 19 de agosto:
De 16.30.00 h. a 19.00 h.
Condicións
Cada menor ten que ir acompañado dun adulto
Aconséllase levar calzado
apropiado
As saídas poden ser modificadas dependendo da metereoloxía
Máximo de 12 pasaxeiros por viaxe
Peinscrición
IMPORTANTE: A
reserva deberá realizarse directamente no
Museo Massó o chamando ao telefono: 986
321 838, onde serán atendidos entre as 10.00 e as e 20.00 h..
24 h antes da saída deberán confirmar
a súa asistencia para que a inscrición
se faga efectiva. No caso de non confirmar a asistencia a praza quedará
dispoñible para as persoas inscritas na lista de espera.
Comentarios
Publicar un comentario