Rutas en barco pola Ría de Pontevedra
As rutas realizásense no barco pesqueiro de madeira
denominado Chasula e terán un carácter didáctico co
obxecto de ofrecer ao visitante do museo unha experiencia real que lle permita
tomar contacto directo co medio no que se desenvolve a actividade pesqueira,
coñecer de preto o sistema de explotación das bateas, a pesca do polbo, o
recoñecemento das sinalizacións marítimas e do ámbito costeiro, e moi
especialmente navegar nunha embarcación que é un expoñente da carpintaría de
ribeira tradicional.
O Chasula é un barco pesqueiro de 14 metros construído no
estaleiro do Freixo en 1958 que pescaba coa arte do cerco, e navegou durante
varias tempadas polas costas do Cantábrico en busca do atún e bonito do norte.
O seu actual dono e patrón, Isidro Mariño Cadarso, primeiro director daEscola-Taller
de carpintaría de Ribeira de Marín, adquiriuno en 2003 e o restaurou
coas súas propias mans para convertelo nun expoñente do patrimonio marítimo
galego. Dende 2005 realiza rutas marítimas didácticas. Para máis información
sobre a súa actividade ver http://chasulapesca.blogspot.com.
Saída dende o Museo Massó (Bueu-Pontevedra)
Horarios
Venres 20 de xullo:
Pola mañá de 10.00-12.30 h e de
12.00-14.30 h.
Pola tarde de 16.00 h. -18.30 h.
e de 18.00 a
20.30 h.
Condicións
Cada menor ten que ir acompañado
dun adulto
Aconséllase levar calzado
apropiado
As saídas poden ser modificadas
dependendo da metereoloxía
Máximo de 12 pasaxeiros por
viaxe
Inscrición
A inscrición é gratuíta e deberá realizarse chamando
ao teléfono: 986 321 838, onde serán atendidos entre as 10.00 e
as e 20.00 h. de luns a venres, ou ben a través do correo electrónico museo.masso@xunta.es, enviando un nome e teléfono de
contacto.
Fantastica idea. Espero que se repita mas dias para ampliar la oferta cultural de Bueu en verano.
ResponderEliminar